Saltar ao contido

Arlindo Barbeitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArlindo Barbeitos
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Catete, Angola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Alexandre Dáskalos Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1216869

Arlindo do Carmo Pires Barbeitos, nado en Catete o 24 de decembro de 1940 e finado en Luanda o 21 de marzo de 2021, foi un poeta angolano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1957 estableceuse en Portugal para estudar socioloxía, deixando o país poucos anos despois por motivos políticos Exliiouse en Francia e Alemaña, e estudou socioloxía, antropoloxía, filosofía, economía e estatística na Universidade de Frankfurt. En 1971 entrou no Movemento Popular para a Liberación de Angola, que loitaba pola independencia, e regresou á súa terra para dar clases na Fronte Leste.[1] En 1972 regresou a Portugal para tratarse dunha doenza, e comezou o seu doutoramento en etnoloxía.

En 1975, coa independencia de Angola, regresou ao país. Foi profesor no Lubango, enviado cultural en Alxeria, e tradutor do primeiro presidente angolano, Agostinho Neto.[1]

Faleceu o 31 de marzo de 2021, en Luanda, só 11 días despois da morte da súa esposa, Maria Alexandre Dáskalos.[1]

  • Angola Angolê Angolema (1975)
  • Nzoji (Sonho) (1979)
  • O rio estórias de regresso (1985)
  • Fiapos de Sonho (1990)
  • Na Leveza do Luar Crescente (1998)
  1. 1,0 1,1 1,2 "Morreu o nacionalista e poeta Arlindo Barbeitos" (en portugués). 1 de abril de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.